Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

IX Festival de Música Tradicional - Forcarei

29 de abril de 2024

Edición adicada a Avelino Cachafeiro no centenario do nomeamento como mellor gaiteiro de Galicia (1924-2024)

O Auditorio de Soutelo de Montes vibrará coa esencia da música tradicional galega no próximo sábado, 4 de maio, ás 19:00h, coa celebración do IX Festival de Música Tradicional. Nesta ocasión, a festividade estará dedicada a honrar a figura de Avelino Cachafeiro no seu centenario de nomeamento como mellor gaiteiro de Galicia.

O evento contará coa participación de destacados grupos e artistas da escena galega. Entre os participantes destacan o Grupo de pandeiretas "Lus de Keikoa" de Forcarei, o Grupo de gaitas "Os Alegres" de Pontevedra, a gaiteira Nadia Vázquez de A Guarda, o Dúo "BellónMaceiras" de Fene e a Banda de Gaitas do Concello de Forcarei.

O encargado de presentar este evento será Rubén Troitiño, quen asegura que esta será unha noite para render homenaxe ás raíces e á música tradicional galega.

O IX Festival de Música Tradicional promete unha experiencia única e emotiva, na que se rendirá tributo a un dos grandes referentes do folclore galego, Avelino Cachafeiro.

Entrada libre ata completar aforo.