Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
O grupo de música folk Ardentía vén de lanzar o seu primeiro vídeo en directo, protagonizado polo tema A Chiviña. Esta peza é a primeira dunha serie de dous vídeos gravados ao vivo no acolledor e creativo espazo de Beabesada Estudio.
Con esta estrea, Ardentía dá un paso máis na súa traxectoria musical, ofrecendo unha interpretación chea de forza e emoción que reflicte toda a esencia da súa proposta folk galega.
A Chiviña xa está dispoñible para desfrutar nas súas redes sociais e tamén na súa canle de YouTube.