Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Redescubrindo aos Gaiteiros de Soutelo

02 de xullo de 2024

No Museo de Pontevedra, tivo lugar, en días recentes unha charla  "Redescubrindo aos Gaiteiros de Soutelo", impartida polo músico e investigador Rubén Troitiño, evento que formou parte do proxecto "Músicas da Terra de Montes" e como principal obxectivo, poñer en valor a traxectoria dun dos cuartetos máis emblemáticos da música galega.

Autoretrato pintado polo mesmo Avelino Cachafeiro.

MANUEL ESTÉVEZ

No Museo de Pontevedra, tivo lugar, en días recentes unha charla  "Redescubrindo aos Gaiteiros de Soutelo", impartida polo músico e investigador Rubén Troitiño, evento que formou parte do proxecto "Músicas da Terra de Montes" e como principal obxectivo, poñer en valor a traxectoria dun dos cuartetos máis emblemáticos da música galega. 

Unha coidada recompilación de diversa documentación histórica, incluíndo revistas da época, discos de pizarra cos seus catálogos impresos e mesmo algúns dos punteiros utilizados polos Gaiteiros de Soutelo.

Avelino Cachafeiro, foi a figura central da presentación, que coincidiu co centenario do seu nomeamento como mellor gaiteiro de Galicia, no concurso celebrado en Santiago de Compostela en 1924. 

Emocionante foi a presentación dunha serie de fotografías inéditas e outros datos históricos recollidos con gran dedicación, materiais, moitos deles descoñecidos ata agora, ofreceron unha nova perspectiva sobre a historia do cuarteto e a súa importancia dentro da música galega, así como o debuxo de Avelino Cachafeiro, unha peza de gran valor artístico realizada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao .

Ruben Troitiño e o traballo de Castelao.

A parte musical da tarde foi engalanada pola interpretación de tres pezas do repertorio dos Gaiteiros de Soutelo por parte de Roberto Cendón, Cristobal Pascual e Miguel González, utilizando os punteiros orixinais do cuarteto, unha actuación en directo, verdadeiro luxo, que logrou transportar aos asistentes ao pasado e revivir a maxia da música tradicional galega en homenaxe a Avelino Cachafeiro e aos Gaiteiros de Soutelo, que, a través do seu talento e paixón, deixaron unha pegada imborrable na nosa cultura. O proxecto "Músicas da Terra de Montes" continúa así o seu labor de investigación e difusión da rica actividade musical da comarca da Terra de Montes, contribuíndo a preservar e celebrar o noso patrimonio musical.