Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
Proxectos
Proxecto Homenaxe
Deseño de Carla Cabaleiro
Proxecto Homenaxe é unha idea orixinal de Rubén Troitiño que xurde a través da necesidade de facerlle unha homenaxe a toda persoa, grupo de música ou institución que dedicaron a súa vida á conservación e difusión da música tradicional galega sendo esta parte fundamenta da cultura e tradición de Galicia.
Neste proxecto poden participar tódolos músicos que teñan relación coa música tradicional e queiran contribuir a recordar parta da nosa historia. Unha das caraterísticas máis destacables deste traballo é o caracter altruista.
A continuación móstrase as bases para poder participar neste proxecto:
Cada músico só pode participar nunha gravación.
Máximo unha peza por homenaxeado.
Non aparecerán os nomes dos grupos participantes senon os membros que participen na gravación a título persoal.
Tódalas gravacións faranse cun carácter altruísta.
As gravacións colgaranse no portal SoundCloud de internet para unha libre escoita.
Homenaxe a Henrique Otero
Nesta gravación participan: Juan Pena, Luís Correa “Caruncho” e Carlos Estévez (gaitas), Xaime Estévez (acordeón), Luís Correa “Caruncho” (cunchas e pandeireta), Manuel Alonso (tambor) e Xosé Mª Gutierrez (bombo).
Homenaxe a Manolo "Rin Rin"
Nesta gravación participan: Tino Blanco Veiga (gaita en do), Félix Rodríguez (gaita en sol), Alba Faro Barros (bombo e bombo con pratos), Raquel Faro Álvarez (tambor e caixa), e Sandra Lorenzo Coballes (clarinete).
Homenaxe a Antonio Fraguas
Muiñeira para Antonio Fraguas adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.
Autor: Rubén Troitiño
Composta co gallo do Día das Letras Galegas 2019
Artigo publicado na páxina da Real Academia Galega falando de Rubén Troitiño e da composición Muiñeira para Antonio Fraguas – Real Academia Galega
Outros proxectos
Músicas da Terra de Montes
Recuncho adicado á música da comarca da Terra de Montes, centrándose na conservación, estudo e difusión das zonas do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo creado polo músico Rubén Troitiño.
Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo
Redescubrir a historia deste cuarteto da Terra de Montes mediante documentación orixinal coma revistas da época, discos de pizarra cos seus catálogos impresos ou mesmo algún dos punteiros empregados. Todo isto acompañado de fotografías inéditas e datos que chegaron ata nós intentando aportar unha nova visión da historia do cuarteto, sen deixar de lado a figura do Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.
Recuperando sons
Parte fundamental das investigacións levadas a cabo é recuperar aquelas vellas sonoridades da comarca da Terra de Montes, así é como se pretenden recuperar intrumentos antigos desa zona. Esto enmárcase dentro do Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes.
Proxecto Homenaxe
Idea orixinal de Rubén Troitiño que xurde a través da necesidade de facerlle unha homenaxe a toda persoa, grupo de música ou institución que dedicaron a súa vida á conservación e difusión da música tradicional galega sendo esta parte fundamenta da cultura e tradición de Galicia.
Composicións e arranxos
Composicións e arranxos creados para diferentes formacións musicais. Neste apartado poderedes escoitar algún que outro tema.